Crates de Atenas (poeta)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século IV a. C. Atenas, Grecia |
Morte | valor descoñecido |
Actividade | |
Ocupación | comediógrafo, poeta |
Movemento | Comedia antiga |
Familia | |
Irmáns | Epilycus |
Descrito pola fonte | Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft, (sec:Krates 4) |
Crates de Atenas (en grego antigo Κράτης) foi un poeta cómico grego da comedia antiga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi un contemporáneo un pouco máis novo de Cratino de Atenas e foi actor nas súas comedias antes de que el mesmo comezase a escribilas, segundo Dióxenes Laercio. Floreceu despois do -449 e segundo Aristófanes morreu antes do -424. Tamén di que foi un dos escritores máis importantes da xeración anterior á súa, e que as súas comedias eran educadas e enxeñosas. Segundo outras fontes, buscou a alegría e a diversión nas súas obras, e mesmo introduciu personaxes borrachos na escena. O seu exemplo foi seguido por autores posteriores, e para os poetas da comedia nova era unha práctica habitual. Aristóteles di na Poética que foi o primeiro cómico ateniense que abandonou o estilo iámbico e compuxo obras de teatro cunha trama coherente, seguindo o estilo dos poetas cómicos sicilianos.
Hai moita confusión sobre os títulos e obras de Crates. Suídas mestura dous autores co nome de Crates, e fai deles un só. Outros gramáticos din que escribiu sete ou oito comedias, pero os títulos que se lle poden atribuír son catorce:
- Γείτονες ('Geitones', Veciños).
- Διόνυσος 1. ('Dionisos', Dioniso).
- Ἥρωες ('Heroes' Herois).
- Θηρία ('Theria').
- Θησαυρός 1. ('Thesauros' Tesouro).
- Λάμια ('Lamia' Lamia).
- Μέτοικοι 1. ('Metoikoi' Metecos).
- Ὄρνιθες ('Ornices' Paxaros).
- Παιδιαί ('Paidiai' Nenos, Rapaces).
- Πεδῆται 1. ('Pedetai' Cadeas).
- ᾽Ρήτορες ('Retores' Coñecidos, Célebres).
- Σάμιοι ('Samioi' de Samos).
- Τόλμαι ('Tolmai' Valentes).
- i Φιλάργυρος1. ('Filargyros' amante do diñeiro).
1. de adscrición incerta.
Estes oito poderían ser obra súa:
- Γείτονες
- Ἤρωες
- Θηρία
- Λάμια
- Παιδιαί
- Ρήτορες,
- Σάμιοι,
- Τόλμαι
O estilo e a linguaxe de Crates son sinxelos e elegantes, con poucas palabras eruditas e sen construcións elaboradas. Emprega unha peculiaridade métrica moi rara, xa que coloca un final en espondeo nun tetrámetro anapéstico[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Crates a: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 833